CRTVG

Buscar

A sentenza europea ás cláusulas de solo renegociadas permite a súa anulación se o cliente non estaba ben informado

Publicado o 09/07/2020 20:53

A sentenza da xustiza europea sinala que os pactos sobre cláusulas de solo poden anularse sempre que o banco non informara debidamente o interesado. Estas renovacións dos contratos hipotecarios son legais se o cliente entendía o que asinaba e se tiña capacidade para renegociar esa disposición no seu préstamo.

O Tribunal de Luxemburgo abre a porta para que sexan os maxistrados españois os que decidan, caso por caso, se se cumprían esas condicións. A sentenza europea di que de non cumprirse, o xulgado pode anular esa disposición.

Noticias web

09/07/2020