CRTVG

Buscar

O ditame do Supremo desbloquea uns 17.000 casos de desafiuzamentos pendentes de resolución

Publicado o 12/09/2019 15:08

A decisión do Supremo pecha un longo debate xudicial sobre as cláusulas de vencemento anticipado das hipotecas, aquelas que marcan cando un banco pode executar o préstamo e iniciar o desafiuzamento.

Aplicando a doutrina comunitaria e a nova lei hipotecaria, o Supremo impide os desafiuzamentos con menos de 12 meses de impagamentos, e obriga a suspender os casos iniciados con estas características. Adicae calcula que hai en España 17.000 casos pendentes de resolución.

O criterio do Supremo non beneficiará a quen xa perdera a súa vivenda por unha sentenza en firme, ao considerarse cousa xulgada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019