CRTVG

Buscar

O expresidente de Renfe nega que só se responsabilizara do sinistro o maquinista

Publicado o 21/01/2019 21:32
O expresidente de Renfe nega que só se responsabilizara do sinistro o maquinista

O que era secretario de Infraestruturas cando foi o sinistro asegurou que o Ministerio de Fomento se entregou dende o primeiro momento a atender as vítimas
Rafael Catalá dixo que o día do sinistro o tren non estaba circulando en alta velocidade.

"A vía, o tren, os sistemas de axuda e de control, a propia formación do profesional, do maquinista... Todo eso conforma un sistema de alta velocidade e o día 24 de xullo de 2013 o alvia que facía o traxecto Ourense-Santiago non funcionaba modo de alta velocidade", asegura Rafael Catalá, ex-secretario de Estado de Infraestruturas.

Rafael Catalá insistiu en que desde Fomento non houbo inxerencias na investigación xudicial e defendeu ademais a independencia da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios, a CIAF, que elaborou o informe sobre o sinistro. E negou que desde o Ministerio á fronte do que estaba Ana Pastor, se intentara responsabilizar exclusivamente do accidente o maquinista. Tamén negou a existencia desta consigna, o que era director de Renfe no momento do sinistro.

"Tiñamos constatado que o tren entrara a unha velocidade moi superior á que admite a curva pero eu, en ningún caso, e, nisto fun especialmente coidadoso, non atribuín que ese exceso de velocidade fose debido a unha ou outra causa. Entendo e creo que é o razoable que correspondía á investigación xudicial", afirma Julio Gómez-Pomar, ex-presidente de Renfe Operadora.

Gomez Pomar tamen asegurou que non o foi informado da perigosidade da curva. Tamén o afirmou, o seu predecesor no cargo, Teófilo Serrano. O que fora presidente de Renfe entre 2009 e 2012 responsabilizou o ADIF da seguride da liña.

"Eu non souben que non estaba o ERTMS ata Santiago ata despois do accidente", mantén Teófilo Serrano Beltrán, ex-presidente de Renfe Operadora.

Tamén negou que o alertaran da falta de seguridade na curva, o ex-secretario de Estado de Infraestruturas. Ademais, Victor Morlán dixo que non se precipitou a posta en marcha da liña porque había eleccións xerais. Asegurou que a datssa da inauguración estaba posta antes da convocatoria das eleccións. Compareceu ademais, o que era subsecretario de Fomento no momento do accidente. Marío Garcés defendeu a "absoluta independencia da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/01/2019