CRTVG

Buscar

O Eurogrupo debate as prioridades dos plans de recuperación poscovid

Publicado o 18/01/2021 16:52

Os ministros de Economía da eurozona reúnense para debater os plans de reformas dos distintos países para poder beneficiarse do fondo de recuperación europeo.

Analizan as reformas e investimentos que fai cada país e que son unha esixencia a cambio de recibir cartos europeos. A España pídeselle mellorar os sistemas de loita contra o paro e garantir as pensións.

O presidente do Eurogrupo quere que os plans sexan coherentes e que non haxa diferenzas entre os distintos estados. Pero España e Italia corren o risco de quedar atrás polo aumento da débeda pública e privada e a perda de emprego en sectores claves como o turístico.

 

 

 

Noticias web

18/01/2021