O estrés de saber da morte do seu irmán nun accidente na Laracha causoulle a súa propia
Publicado o 14/10/2020 14:37

Xa se coñece o resultado da autopsia do motorista que faleceu na Laracha o mesmo día que estaban velando a seu irmán. A autopsia conclúe que faleceu dun infarto fulminante provocado polo estrés acumulado.
Pablo Pérez, de 45 anos, sufriu un mareo, pero conseguiu aparcar na beirarrúa a moto que conducía. Tamén foi quen de quitar o casco, pero co mareo caeu e bateu coa cabeza contra o chan.