CRTVG

Buscar

O extremo Amin Younes volve estar na órbita do Celta

Publicado o 26/12/2019 11:52

Na anterior apertura do mercado de inverno estivo a un paso de recalar no Celta. Pero Amin Younes descartou Vigo a última hora. E fixoo porque non estaba dacordo na cesión. Agora volve repetirse a historia.

Younes apenas xoga no Nápoles. Cinco partidos no que vai de liga. Ten vinta e seis anos e é internacional alemán. Derase a coñecer co Ajax co chegou a enfrontarse ao Celta.

O Nápoles ten que liberar unha ficha e convidou a Younes a aceptar o préstamo ao Celta.

Noticias web

26/12/2019