CRTVG

Buscar

O Estado Islámico atribúese o dobre ataque suicida na capital de Tunisia

Publicado o 28/06/2019 08:20

O grupo terorista Estado Islámico atribuíuse o dobre atentado suicida perpetrado na capital de Tunisia en que morreu un policía e oito persoas quedaron feridas. Nun comunicado distribuído pola axencia de noticias vencellada ao grupo, asegúrase que os atacantes pertencian ao Estado Islámico.

Os obxectivos dos atentados eran unha patrulla da policía e o aparcadoiro dunha comisaría.
É o ataque terrorista máis grave perpetrado en Tunisia desde a serie de atentados contra o sector turístico en 2015 que causaron a morte de 72 persoas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/06/2019