CRTVG

Buscar

O español que máis debe a Facenda senta este xoves no banco dos acusados na Audiencia Provincial de Madrid

Publicado o 13/02/2020 09:01
O español que máis debe a Facenda senta este xoves no banco dos acusados na Audiencia Provincial de Madrid

Agapito García Sánchez, o español que máis debe a Facenda, senta este xoves no banco dos acusados nun xuízo na Audiencia Provincial de Madrid. O fiscal pedirá para o acusado catro anos de prisión por unha fraude dun millón e medio de euros en 2009.

Segundo os datos achegados pola Axencia Tributaria na súa lista de morosos, o 31 de decembro de 2018 García Sánchez era a persoa que máis debía ao erario en España, un total de 15.978.413,29 euros.

O empresario está acusado dun delito contra a Facenda Pública por defraudar 1.583.182,41 euros en concepto de IRPF en 2009 e será xulgado pola Sección 23 da Audiencia Provincial.

Ademais da pena de cárcere, a Fiscalía solicita que se lle impoña unha multa de 4.749.547,23 euros (o triplo do defraudado) e que indemnice o erario con millón e medio de euros en concepto de responsabilidade civil.