CRTVG

Buscar

O español Antonio Banderas, premio ao mellor actor na 72 edición do Festival de Cannes

Publicado o 25/05/2019 23:09

O español Antonio Banderas foi galardoado na 72 edición do Festival de Cannes durante a cerimonia de clausura que se celebrou este sábado na cidade francesa. O xurado recoñeceu o traballo do actor malagueño na cinta "Dolor y gloria" do cineasta Pedro Almodóvar, na que lle dá vida ao alter ego do cineasta manchego.

Este galardón súmase aos dous colleitados o venres por outros dous españois, o director galego Oliver Laxe, premio do xurado na sección "Un certain regard" pola súa película "O que arde" e o catalán Albert Serra, premio especial do xurado pola súa cinta "Liberté".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/05/2019