CRTVG

Buscar

A Revista

O escultor Alfonso Rivero de Aguilar amósanos a súa obra na súa casa, preto de Santiago

Publicado o 24/09/2018 13:16

Hoxe queremos que coñezan un escultor que nos convidou á súa casa, preto de Santiago, para coñecer a súa obra. Chámase Alfonso Rivero de Aguilar, un home que amosa toda a súa sensibilidade e creatividade nas súas fermosas esculturas. Falounos das súas inspiracións, da súa exposición 'Brisas', do tipo de material e da importancia da familia.

Alfonso Rivero de Aguilar é un artista que pintou toda a vida, ata que decidiu traballar a pedra como escultor.

As pedras escúlpeas coma se fosen xoias que gardan tesouros. Algunhas son semipreciosas ou ónices brancos.

Unha das súas esculturas é unha homenaxe ás vítimas do accidente do Alvia.

A súa obra foi evolucionando co paso do tempo e a familia é o máis importante para o artista.

Algunha das súas esculturas ata saben contestarlle.

Ao escultor Alfonso Rivero encántalle traballar, sempre que pode, ao aire libre. A súa arte reflíctese en todas as súas obras.

A Revista

24/09/2018