CRTVG

Buscar

O ensino concertado séntese discriminado ao quedar fóra das axudas do Goberno pola Covid-19

Publicado o 01/07/2020 15:02

O ensino concertado considera discriminatoria a decisión do Goberno que deixa os colexios concertados sen axudas pola covid-19. O plan de reconstrución pactado polo PSOE e Unidas Podemos en materia educativa prevé repartir 2.000 millóns de euros entre as comunidades. Pero estes cartos só poderán investilos no ensino público.

O borrador pactado polo Goberno prevé ampliar o investimento en educación e bolsas. Ata 2.000 millóns de euros para reforzar a actividade docente, garantir a inclusión e apoiar o ensino dixital coa repartición de equipos. Os cartos irán destinados exclusivamente a educación pública. O ensino concertado séntense discriminado nun comezo de curso que aventura complicado.

"Parece que hai cidadáns de primeira e de terceira. Estamos falando de nenos, nenos que van vivir unha situación complicada con respecto á Covid-19 e non entendemos cal é o motivo", din desde a Federación da Congapa de Santiago.

O Goberno busca reforzar o ensino público. Eles lembran que o 25% do alumnado estuda en centros concertados. Desde as Escolas Católicas de Galicia inciden consideran "que se prioricen os postos da escola pública realmente é un ataque á liberdade de elección dos centros por parte das familias. Discriminación tanto para os nenos e as nenas como para os seus pais que temén pagan os seus impostos".

Piden unha rectificación do Goberno e que os cartos cheguen a todos.

Noticias web

01/07/2020