CRTVG

Buscar

O enoturismo, unha opción segura en tempos de pandemia

Publicado o 29/10/2020 15:30

O enoturismo preséntase como unha opción segura en tempos de pandemia. As adegas galegas estanse a formar para promovelo e facer das visitas unha experiencia memorable.

Xa comezaron no verán a adaptarse á nova normalidade con grupos reducidos, máscaras e todo tipo de medidas para unha visita segura. Agora afinan a estratexia cuns seminarios en liña con formación específica para promover o negocio, sobre todo no ámbito dixital.

Xuntos aprenden a facer desta crise da covid-19 unha oportunidade para o enoturismo, xa que se trata dunha alternativa segura, na natureza e ideal para grupos burbulla como pode ser unha familia.

Noticias web

29/10/2020