CRTVG

Buscar

O emprego aumentou en Galicia en 7.900 persoas durante 2019, un 0,73 por cento máis

Publicado o 28/01/2020 09:43

E hoxe coñecemos os datos da EPA, a enquisa de emprego, que constata un freo no mercado laboral español. Desde 2014, nunca se creara emprego a tan pouca velocidade. Con todo, o paro pechou 2019 no 13,7%, o nivel máis baixo desde o comezo da crise. En Galicia a taxa de paro queda nun 11,7%.

España creou en 2019, 400.000 postos de traballo e roza os 20.000 millóns de ocupados. O último trimestre, o mellor para o emprego, dalle un respiro o mercado laboral, ralentizado desde a primavera. Algo máis dun millón dos ocupados están en Galicia. A comunidade medra a un ritmo menor pero cun balance positivo. Crea preto de 8.000 empregos.

En canto o paro, o ano rematou co menor descenso anual desde 2012. Con todo, a taxa é a máis baixa da última década. Sitúase no 13,7%.

En Galicia a baixada do paro é máis lenta pero logra manter a taxa nun 11,7% dous puntos por baixo da media estatal.

Do mercado laboral galego tiraron a construcción e a industria. No conxunto de España, medrou máis o sector servizos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí