CRTVG

Buscar

O embaixador estadounidense na UE inculpa a Trump pola trama ucraína

Publicado o 21/11/2019 09:04

No proceso do impeachment contra Donald Trump,hoxe foi a quenda dun dos testemuños máis esperados, o do embaixador estadounidense na Unión Europea. Gordon Sondland admitiu que lle meteu presión a Ucraína por orde de Trump. Dixo que se supeditaron axudas militares millonarias a que o Goberno de Zelenski ofrecese información para prexudicar a Joe Biden, e salpicou outros cargos da Casa Branca.

Trump responde tomando distancia e dixo que practicamente non coñececía o seu embaixador. O asunto coouse no debate para elixir o candidato demócrata. Biden é o mellor posicionado, seguido do socialista Bernie Sanders.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/11/2019