CRTVG

Buscar

O edificio sindical da UXT de Pontevedra convértese en lugar de reunión de 'okupas' e indixentes

Publicado o 21/08/2020 14:45

Un grupo de persoas descoñecidas pasaron a noite no interior do edificio sindical da UXT en Pontevedra.

Este episodio tivo lugar de madrugada e dende a organización vinculan este acto en concreto co mal tempo destes días, aínda que aseguran que non é a primeira vez que acceden ao interior. 

Aseguran que descoñecen de quen se pode tratar, pero que é un problema cada vez máis habitual polo que sería necesario algún tipo de intervención. 

Non é unha situación que lles xere moito medo, pero si certa inseguridade. 

O problema da ocupación está a darse de xeito cada vez máis habitual, por iso, todos coinciden en que é necesaria unha lei que poida garantir a seguridade de todos.

Noticias web

21/08/2020