CRTVG

Buscar

O DOG publica a convocatoria de máis de mil prazas para o Sergas

Publicado o 26/12/2019 14:48

Convócanse máis dun milleiro de prazas no Sergas. Anúncianse no 'DOG' entre hoxe e mañá. Son, en concreto, 1.057 postos. Destaca a oferta de máis de catrocentos especialistas de área, 69 médicos de urxencias hospitalarias, máis de trescentas de técnicos de Formación Profesional e unhas 250 de persoal de servizos, axudante de cociña e cociñeiros.

Os interesados poderán inscribirse na plataforma da Xunta a partir do día seguinte á súa publicación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/12/2019