CRTVG

Buscar

O DJ que cuspiu bebida nunha festa en Torremolinos pide perdón

Publicado o 03/08/2020 15:02

O Concello de Torremolinos pechará 15 días a discoteca en que o picadiscos do grupo Les Castizos cuspiu alcol ao público. Así o anunciou esta mañá o alcalde desta localidade malagueña.

Poucas horas antes, o propio picadiscos pedía perdón polo seu comportamento e aseguraba que está moi arrepentido. Tamén dixo que asume as consecuencias dos feitos, tendo en conta que hai unha investigación aberta por parte da Policía Autonómica que pode levar a sancións.

Noticias web

03/08/2020