CRTVG

Buscar

O director do instituto di que o presunto agresor era un "alumno tan normal coma calquera dos 500 que temos"

Publicado o 05/11/2019 13:34

O director do instituto no que estudaba a muller asasinada en Foz, Nicolás Asensio, conta no Bos días como están a vivir a traxedia no centro. Unha situación que afectou moito tanto o profesorado como o alumnado. Nai e fillo eran alumnos deste instituto.

"Falamos cos compañeiros e decidimos facer unha concentración de repulsa destes feitos, que non teñen ningunha razón de ser e que nos rompen todos os esquemas".

Minaene Franco Franco, brasileira e nada en 1983, comezara este ano a facer un ciclo superior de hostalería e o fillo xa fora alumno do centro e acompañara a nai cando se foi matricular.

O fillo era un rapaz normal, "resulta difícil de predicir porque era un alumno normal coma calquera dos 500 que temos. Un  alumno cunha traxectoria académica normal e o camiño que pode facer calquera dos nosos fillos".

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019