O director do Foro Económico de Galicia alerta sobre os efectos dun confinamento total na economía
Publicado o 05/11/2020 15:46
Sobre o dano que fan á economía os confinamentos falou hoxe no Parlamento, na comisión de reactivación, o director do Foro Económico de Galicia.
Santiago Lago é un dos comparecentes nesta comisión, que ten a encomenda de facer propostas para saír desta crise.
Lago aposta polas restricións parciais, como as últimas medidas que se acaban de adoptar en Galicia. O confinamento total sería, segundo el, un desastre para a economía galega.
Máis sobre actualidade
04/03/2021 20:43