CRTVG

Buscar

O Día Europeo sen Coches fai vinte anos promovendo a seguridade viaria e ambiental

Publicado o 22/09/2020 15:39

O Día sen Coches está moi vinculado ao concepto de cidade amable. Aquela que está pensada para as persoas, en que é doado camiñar, andar en bici e atoparse cos veciños. En Cangas teñen ese obxectivo.

Os nenos e os maiores son un bo indicador de se unha cidade é amable ou non. Se a eles lles é doado moverse pola vía pública e atopar lugares onde xogar e reunirse, será doado para todos.

Jeanne Picard, premiada este ano pola súa permanente implicación na seguridade viaria, destacou a importancia de iniciativas coma esta, que pon a ollada na infancia e nos peóns, máis ca nos coches.



 

Noticias web

22/09/2020