CRTVG

Buscar

O desembarco en Madrid de Manuel Lago podería darlle un deputado máis ao grupo de Villares

Publicado o 08/01/2020 14:34

A conformación do novo Goberno de Pedro Sánchez podería ter repercusións na cámara galega. Se se confirma a incorporación de Manuel Lago, actual voceiro do Grupo Común da Esquerda, ao equipo de Yolanda Díaz no Ministerio de Traballo, entraría no seu lugar Mariló Candedo.

Candedo é afín a Villares, polo que podería solicitar a súa incorporación ao Grupo Mixto e deixar o Grupo Común da Esquerda cun deputado menos. Mariló Candedo garda silencio. Villares é prudente ante estes posibles cambios.

 

Noticias web

08/01/2020