CRTVG

Buscar

O derbi vasco viviuse nos balcóns

Publicado o 18/04/2020 16:38

Hoxe, 18 de abril, debera disputarse a final de Copa entre a Real Sociedade e o Athlétic de Bilbao. A emerxencia sanitaria obrigou ao seu aprazamento e a data definitiva aínda está no aire. Con todo, unha iniciativa dos afeccionados permitirá que se xogue polo menos en parte. Farase nos balcóns de Biscaia e Guipúscoa grazas a unha iniciativa dos seareiros do Athlétic que agardan teña eco na afección rival. O 'derbi dos balcóns' comeza este mediodía coa colocación das bandeiras dos equipos e seguirá esta noite cando en cada cidade se canten os himnos dos dous contendentes.

Noticias web

18/04/2020