CRTVG

Buscar

O Deportivo viaxa con 21 xogadores a Oviedo

Publicado o 30/03/2019 15:20

Natxo González "Despois de estar tanto tempo, seguro que 90 minutos ao cen por cento é díficil. Agora a esperar que non recaia; pero as sensacións son boas, que é o máis importante"

Con Carlos Fernández recuperado, Natxo González viaxa con 21 efectivos a Oviedo. A unión fai a forza e no vestiario deportivista aplican a premisa para recuperar o equipo que foron.

Natxo González "É recuperar un pouco o que fomos e o que fomos perdendo. Eu creo que iso se ve no propio fútbol, temos que intentar adquirir máis fluidez, máis intensidade"

Ao técnico vasco non lle gusta falar de finais, pero non descolgarse dos postos altos da táboa pasa por gañar en Oviedo.

Natxo González "Finais son cando non hai volta atrás, o que necesitamos é ese pasiño con vitoria e estamos ilusionados por facer todo o posible para que sexa mañá nun partido bonito no que sabemos que imos ter moita xente detrás"

3000 gorxas deportivistas acompañarán ao Deportivo no Carlos Tartiere, todos a unha para recuperar o camiño da vitoria.
 

Noticias web

30/03/2019