CRTVG

Buscar

O Deportivo traballa contra o reloxo na planificación da temporada

Publicado o 26/06/2019 19:06

A semana que vén o Deportivo coñecerá o calendario da vindeira temporada. O equipo volverá aos adestramentos en menos de tres semanas. A Liga empezará en pouco máis de 50 días. O club traballa sen descanso na planificación.

 "Xogar unha promoción obrígate a ir contra o reloxo en todos os sentidos. Ás veces a contra o reloxo é boa se consegues o obxectivo de ascender. Agora mesmo é mala porque vas contra o reloxo en negativo", dixo Carmelo del Pozo, director deportivo do club coruñés.

Dous xogadores despedíronse xa do equipo a través das redes sociais. O lateral Saúl, fichado polo Alavés, di que marcha coa conciencia tranquila tras catro temporadas no club. Pola súa parte, Domingos Duarte, cedido polo Spórting de Lisboa, asegura na súa marcha que lle bastou un ano para coñecer a grandeza do Deportivo. Mentres, o Levante quere seguir contando con Rober, cedido polo club coruñés. 

"Rober Pier tivo a mala sorte da súa lesión, pero é un xogador que estivo moi ben no Levante nas temporadas que estivo e pode encaixar aquí", asegurou David Navarro, director deportivo do Levante.

O central oleirense recupérase en Valencia dunha grave lesión de xeonllo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/06/2019