CRTVG

Buscar

O Deportivo só pensa na vitoria diante do Málaga na Rosaleda

Publicado o 23/02/2019 15:31

Natxo González "Arriscar, ao final son xogadores que saíron de lesións, sempre pode haber un risco pero non maior que co resto"

Ademais de Carlos Fernández, o técnico vasco tamén recupera a Vicente e a Pedro Mosquera, son as novidades da convocatoria a que tamén volve Domingos Duarte logo de cumprir sanción. Os brancoazuis buscan manter a xeira positiva a domicilio, logo das dúas vitorias consecutivas lonxe de Riazor

Natxo González "Volver gañar fóra da casa en dous estadios como o fixemos foi porque algo cambiou, o equipo aprendeu a competir mellor fóra da casa , ser un equipo máis incómodo e indudablemente eficaz"

Na Rosaleda xoganse máis que os tres puntos, Natxo González só pensa na vitoria.

Natxo González "Non podo pensar en empatar, a miña ilusión é gañar. Son tres puntos que poden ser importantes no futuro, non son decisivos pero sí importantes e nunca sabes se decisivos no último suspiro da temporada"

O Málaga recibe o Dépor logo de dous empates consecutivos na súa casa. A diferencia de goles tamén está en xogo, en Riazor o resultado foi de empate a un.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/02/2019