CRTVG

Buscar

O Deportivo remonta e gaña 1-2 ante un Pontevedra que xogou con dez homes

Publicado o 07/10/2020 16:18

En Pasarón, triunfo do Deportivo con remonta. O Pontevedra quedou con dez homes por expulsión de Charles. E así xogou os últmos 25 minutos. Con todo, adiantouse no marcador tras o erro de Borja Granero, a contra do Pontevedra e o gol do moañés Adrián Cruz.

Cando faltaban dez minutos houbo penalti a favor do Deportivo. Penalti que transforma Beauvue. Mario nin se moveu.

E no minuto 87 repite Beauvue, cunha cabezada tras unha falta executada por Keko.

Noticias web

07/10/2020