CRTVG

Buscar

O Deportivo prepara trocos para Vallecas e mudar a imaxe da derrota en Huesca

Publicado o 31/08/2019 14:43

Dous goles en dous partidos ábrenlle a porta da titularidade a Cristian Santos. O dianteiro venezolano podería ser unha das novidades que presente o Deportivo en Vallecas, coa misión de lavar a imaxe da derrota de Huesca

O traballo defensivo será mirado con lupa en Vallecas. Goles como o primeiro diante do Huesca fixeron dano na autoestima do plantel. Bóveda podería ser o substituto de Somma no centro da defensa. E Caballo, malia ter que xogar cunha máscara, recuperar o posto no lateral esquerdo. Todo para enfrontarse a un equipo e a un adestrador coas ideas moi claras. 

Toca trocar a careta para deixar no esquecemento a imaxe de Huesca.

Noticias web

31/08/2019