O Deportivo pídelle ao Comité de Competición o descenso do Fuenlabrada
Publicado o 23/07/2020 15:44
A río revolto, ganancia de pescadores. E nesas anda o Deportivo. En facer unha fronte común na procura dunha liga de 24 equipos.
Competición declarouse incompetente para pronunciarse sobre a petición do Deportivo de repetir toda a xornada do luns... pero o Deportivo, no seu escrito, tamén pide o descenso do Fuenlabrada por incumprir gravemente dous artigos do réxime disciplinario.
A Federación recolle a reclamación do Deportivo a través deste expendiente disciplinario. Un xuíz instrutor será o encargado de tramitar as reclamacións realizadas contra o Fuenlabrada polo Deportivo, Elxe, Raio Vallecano e Numancia.
Ante o que poida pasar, o Deportivo deixa claro que, se non se repite a xornada, eles non van xogar ante o Fuenlabrada.