CRTVG

Buscar

O Deportivo comproba en Alcorcón como se xoga na segunda

Publicado o 17/09/2018 09:57

Perdeu o Lugo e tamén o Deportivo, que en Alcorcón ofreceu a peor imaxe do que levamos de temporada. Unha derrota nun campo sempre complicado como é Santo Domingo.

O Deportivo comprobou en Santo Domingo de que vai a segunda división, como se xoga ante equipos que basean o seu estilo na presión e na intensidade, en abafar o rival.
"Temos que mellorar en duelos e disputas de segundas xogadas porque vai haber moitos campos nos que se xogue este tipo de partidos".

Porque o Deportivo non atopou a forma de facerlle dano ao Alcorcón e encaixou a primeira derrota na liga. Se lle sumamos a eliminación copeira ante o Zaragoza, enlazan dous partidos consecutivos perdendo.

"É sensación de parón na evolución do equipo".

E outra mala nova. Krohn-Dehli volveu ser expulsado, viu a segunda tarxeta amarela por cortar unha contra. Segunda expulsión do danés nos tres partidos que xogou co Deportivo.

"É unha frustración individual dun xogador. Non creo que unha toma de decisión errónea dun xogador teña que xeneralizarse".

En Santo Domingo, o Deportivo só tirou dúas veces a porta, a primeira no minuto 53.
"Se xa empezamos a intranquilizarnos, mal o tería". "Se alguén agardaba que foramos gañar todos os partidos, trabúcase. A miña experiencia é que hai que ser moi fortes mentalmente. Imos estar arriba segurísimo".

Polo momento, máis que arriba, en Alcorcón estiveron abaixo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/09/2018