CRTVG

Buscar

O Deportivo perde a esperanza derrotado polo Zaragoza en Riazor

Publicado o 08/12/2019 21:23

Procuraba o Deportivo o partido redondo que ratificase a melloría defensiva dos anteriores encontros, e engadindo eficacia ofensiva: o gol que lle permitira gañar despois de 17 xornadas sen facelo.

Para seguir no bo camiño, Luís César apostou polos mesmos protagonistas e o guión aguantou media hora. Dirían despois que ata esta xogada do minuto 28: o disparo ao pau de Luís Suárez fixo tremer os alicerces, aínda febles, do equipo. Asomaron temores recentes, dúbidas, bloqueos e o Deportivo acabaría sucumbindo con dous goles en cinco minutos: Guitián no 32 de cabeza rematando un saque de esquina. E Puado no 37 tamén de cabeza tras recibir na área un centro en xogada.

Desmontado, o equipo coruñés veuse abaixo. O mellor que lle puido pasar foi que chegou o descanso, e na segunda parte a renovación de osíxeno no ataque trouxo tamén novas esperanzas. Beto da Silva e Borja Valle debuxaron cousas novas sobre o céspede. O gol do asturiano, o 1 a 2 no minuto 48 avivou o equipo e a bancada.

Foron momentos de ilusión e vida en Riazor. Pero remataron co penalti sinalado en contra no 64. Dani Giménez, completando unha gran tarde persoal, repeleu o disparo de Luis Suárez. Pero o Deportivo xa non se recuperou dese novo golpe. O Zaragoza apoiouse nel para facerse co control, e acabaría sentenciando o partido o propio Luis Suárez ao culminar unha boa acción combinativa de ataque do equipo de Víctor Fernández.

1 a 3 resultado final en Riazor.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/12/2019

Máis sobre deportes

UD OURENSE 1 PAIOSACO 0
20/01/2020 11:50
SILVA 2 SOMOZAS 3
20/01/2020 11:04
FABRIL 1 CHOCO 0
20/01/2020 10:59
POLVORIN 2 AROUSA 2
20/01/2020 10:58
COMPOSTELA 1 ALONDRAS 0
20/01/2020 10:56