CRTVG

Buscar

O Deportivo pecha o acordo con Abanca, decisivo para o seu futuro

Publicado o 02/01/2020 20:07

O acordo coa entidade financeira Abanca é a taboa de salvación á que se agarra o Deportivo. Unha inxección económica vital para poder fichar nun momento crítico. O pacto foi anunciado na última asemblea polo aspirante á presidencia, Fernando Vidal. "O Deportivo ten unha situación de patrimonio neto negativo de preto de 80 millóns e un endebedamento cercano aos 89 millóns. Porén, Abanca comprometeuse connosco a apoiar o Deportivo nesta situación mediante unha achega inicial para reforzar o plantel e tentar evitar o descenso", explicaba o empresario naval.

A capitalización de parte da débeda en accións é o seguinte paso. Vidal explicou que o pacto garante o futuro do Deportivo. "Garantimos a supervivencia do club e apostamos por un proxecto gañador. Capitalizando unha parte relevante da débeda con Abanca reducindo desta xeito a débeda actual a límites históricos e traballando nunha proposta de ampliación de capital aberta a todos os socios e deportivistas", ampliou o único candidato á presidencia do club herculino.

Esta parte do acordo dará á entidade bancaria unha posición preminente no accionariado do club

Noticias web

02/01/2020