CRTVG

Buscar

O Deportivo afrontará a última semana de preparación cheo de dúbidas por mor das lesións

Publicado o 06/06/2020 12:16

O Deportivo volveu a Riazor para realizar a última sesión de traballo da semana. O domingo terán descanso e logo tocará unha semana intensa para preparar o enfrontamento diante do Spórting, o día 14 de xuño ás 17.00 horas.

Vázquez afronta esa semana con moitas dúbidas. Xa sabe que non poderá contar co sancionado Mollejo. Nas últimas horas a lesión muscular de Aketxe fai que sexa case imposible que poida estar na cita. Outro dos referentes na creación, Emre Çolak, tamén está tocado ao igual que o central Mujaid. 

Tamén hai dúbidas na posición de lateral dereito, onde Bóveda e Simón se rifan un posto pero cos dous xogadores saíndo das súas respectivas lesións. 

Noticias web

06/06/2020