CRTVG

Buscar

O Deportivo non desbota pedir a paralización da Liga

Publicado o 18/08/2020 14:44

• Nunha carta critica que a patronal perdeu "todo principio de equidade e imparcialidade"

O Deportivo pídelle ao Consello Superior de Deportes que interveña canda a Liga e a Federación para resolver unha situación que pode poñer en xaque a competición.

Se non son atendidas as súas razóns na vía deportiva, o club demandará no xulgado a paralización da Liga.

Así e todo, confía nunha resolución favorable do comité de competición a finais deste mes.

O club está moi molesto polo aberto apoio de Javier Tebas ao Fuenlabrada no caso, motivo polo que enviou unha carta de queixa a todos os clubs e á propia Liga.

Noticias web

18/08/2020