CRTVG

Buscar

O Deportivo gaña o primeiro asalto en Riazor e soñará co ascenso en Palma (2-0)

Publicado o 20/06/2019 23:14

O Deportivo encarrilou a eliminatoria final polo ascenso Primeira con goles do arxentino Fede Cartabia e Quique González ante un Mallorca que quedou con dez aos 41 minutos pola expulsión de Pedraza tras unha dura entrada a Álex Bergantiños nun balón dividido no centro do campo.

Antes de que os baleares xogasen en inferioridade, Cartabia desequilibrou o choque cunha falta directa que superou a Reina e o equipo de Vicente Moreno defendeuse como puido no segundo período, pero Quique, no seu regreso ao once, bateuno cun gol de media chilena que subiu ao marcador despois dunha longa conversación entre o árbitro e o seu asistente.

A eliminatoria da que sairá o acompañante do Atlético Osasuna e do Granada a Primeira División resolverase o vindeiro domingo en Son Moix.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019