CRTVG

Buscar

O Deportivo feminino mantén a condición de invicto

Publicado o 30/09/2019 16:38

O Deportivo feminino mantén a súa condición de invicto tras gañar nun escenario con historia e con experiencia na máxima categoría do fútbol feminino. Gañou en Lezama. Cero-dous. Goles de María Méndez e de Gaby.

As rapazas de Manu Sánchez levan un ano e seis meses sen perder. O soño continúa. O Deportivo feminino comparte o liderado co Barcelona. O Raio é o próximo rival en Abegondo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/09/2019