CRTVG

Buscar

O Deportivo denuncia que o Fuenlabrada viaxou sen médico

Publicado o 24/07/2020 20:55

Por teléfono móbil, a través de mensaxes de texto e chamadas, de cuarto a cuarto. Así di o adestrador do Fuenlabrada que se están a comunicar os membros do equipo que levan máis de cen horas confinados no hotel NH da Coruña. A onde, din desde o Goberno, non deberon viaxar sabendo que tiña positivos no cadro de xogadores.

"O Fuenlabrada non debeu viaxar a Galicia, iso témolo claro", afirma o ministro de Deportes, José Manuel Rodríguez Uribes. "Había un brote no equipo que tiña que comunicarse ás autoridades sanitarias. Ao non facelo puxeron en risco a saúde de todos os coruñeses", di a alcaldesa da cidade, Inés Rey. Un dos positivos segue no hospital, a onde foi trasladado de urxencia. Non está grave, din no Club. A Fiscalía investiga o asunto Fuenlabrada. O Deportivo denuncia que o equipo madrileño viaxou, presuntamente, sen médico , algo que é obrigado para os clubs.

Noticias web

24/07/2020