CRTVG

Buscar

O Deportivo contrata a Ager Aketxe que chega coa carta de liberdade

Publicado o 13/07/2019 17:15
O Deportivo contrata a  Ager Aketxe que chega coa carta de liberdade

O RC Deportivo anunciou este sábado a contratación do xogador ofensivo Ager Aketxe, que chega ao equipo coa carta de liberdade, segundo informou a entidade branquiazul. O xogador vasco, que ten 26 anos, comprometeuse co conxunto galego por unha tempada con opción a ampliar a relación un ano máis, ata o 30 de xuño de 2021. O futbolista chega libre ao Deportivo tras xogar a tempada pasada co Cádiz en LaLiga 1/2/3 procedente do Toronto FC, co que disputou a MLS norteamericana. A segunda fichaxe do equipo coruñés para a campaña 2019/20 pode actuar tanto no extremo como na mediapunta.

Aketxe formouse no Athletic de Bilbao, co que chegou a debutar en Primeira División na tempada 2014/15, foi cedido ao Cádiz na campaña 2016/17, despois fichou polo Toronto, e o curso pasado regresou ao equipo gaditano, desde o que desembarca no Deportivo. O xogador incorporarase o luns á pretemporada co resto do persoal tras pasar o xoves o recoñecemento médico e coñecer as instalacións do club

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí