CRTVG

Buscar

O Deportivo comeza a Liga co Fuenlabrada e o Lugo co Mirandés

Publicado o 04/07/2019 22:49
O Deportivo comeza a Liga co Fuenlabrada e o Lugo co Mirandés

E na Segunda División a temporada tamén arranca a fin de semana do 18 de agosto. Os equipos galegos comezan na casa. O Deportivo recibe o Oviedo en Riazor. Anquela estréase contra o seu ex-equipo.
E o Lugo, o Estremadura no Anxo Carro. Tamén despiden a temporada nos seus estadios. Será o 24 de maio.
O Deportivo ante o Fuenlabrada. E o Lugo co Mirandés. No tocante aos derbis, o primeiro terá lugar o 1 de decembro. Lugo e Deportivo cítanse no Anxo Carro. O partido de Riazor dispútase na trixésima xornada, o día 1 de marzo.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/07/2019