O Deportivo busca unha mellora urxente tras doce xornadas sen vitorias
Publicado o 01/11/2019 14:47
O Deportivo mañá xoga en Fuenlabrada, co sorprendente terceiro clasificado. A obsesión de Luís César é a de gañar e para facelo, agárrase ao bo segundo tempo que o equipo disputou no Sardinero.
Non dubida Luís César de que clase de partido lle vai presentar o Fuenlabrada ao Deportivo. Para iso, o Deportivo terá que baixar a un terreo, o da pelexa, no que non se move a gusto.
Mellora que é urxente, porque o tempo corre e xa van doce xornadas sen vitorias.
Tras os brotes verdes que apreciou en Santander, o técnico repite a convocatoria da semana pasada.
Máis sobre A Coruña
22/01/2021 15:55
22/01/2021 14:55