CRTVG

Buscar

O Deportivo busca o que será o seu décimo adestrador en cinco anos

Publicado o 27/06/2019 20:42

Adestrar o Deportivo vai camiño de ser un oficio de alto risco. O próximo adestrador do equipo coruñés será o décimo desde xullo de 2014. Tras a destitución de Fernando Vázquez hai agora cinco anos, pasaron outros oito técnicos. Só Víctor Sánchez del Amo chega aos 50 partidos. Martí vaise despois de dirixir o equipo coruñés en trece encontros. Este último quinquenio é a excepción. Nos anteriores cinco anos, por exemplo, o Deportivo só tivo tres adestradores.

Os resultados son demoledores. Desde a etapa de Víctor Fernández, o técnico con mellor porcentaxe de vitorias é precisamente José Luis Martí, que, apoiado nos tres triunfos da promoción, marcha da Coruña co 54% de partidos gañados. Ségueo Natxo González, co 36%. Son os únicos adestradores da lista que dirixiron ao equipo en Segunda División.

Nas cinco últimas temporadas, o Deportivo xogou 210 partidos oficiais. Só gañou 51. Non chega ao 25%.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/06/2019