CRTVG

Buscar

O Deportivo busca a súa identidade

Publicado o 27/07/2019 13:39

Dúas semanas de traballo e Anquela teno claro: o Deportivo aínda anda na procura da súa identidade. O técnico sabe como lle gustaría que xogase o seu equipo pero vai depender, e moito, de como quede o cadro de xogadores.

"Agora mesmo é cuestión de ver e adiviñar pero o fútbol é moi sinxelo. En función dos futbolistas que teñamos así xogaremos. Se son bos, teremos que xogar; se son menos bos, haberá que facer outra cousa", explicou Juan Antonio Anquela, técnico do Deportivo.

Por iso os amigables, como o do mércores ante o Fabril ou o desta tarde ante o Rácing de Ferrol sérvenlle para insistir na presión tras perda. Anquela quere un equipo intenso, con músculo no medio do campo pero, polo momento, ten que traballar co que ten en bo estado. Dani Giménez, Mosquera, Rolan, Somma, David Simón e Pedro Sánchez teñen molestias físicas e non xogarán ante o Rácing en Viveiro. Tampouco Juanfran, a piques de pechar a súa saída do equipo. E Anquela convocou a sete do Fabril, quere seguir coñecendo aos xogadores do filial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/07/2019