CRTVG

Buscar

O Deportivo busca a clave para protexer a portería

Publicado o 15/10/2019 16:21
O Deportivo busca a clave para protexer a portería

O Deportivo volve ao traballo esta tarde. Luis César debe resolver varios problemas. O principal, a sangría de goles que recibe o equipo. O ano pasado, en toda a liga regular o Deportivo encaixou 32 goles. Unha media de 0,76 goles por encontro.

Este ano, en só 11 partidos, xa leva encaixados 20 tantos. O promedio dispárase. 1,81 goles por partido.

Nada facía avistar aló por agosto, cando o Dépor debutou no campionato marcándolle tres goles ao Oviedo, que os dous tantos encaixados cos asturianos ían ser unha constante o resto das xornadas. A febleza defensiva que afunde os coruñeses e da que renegaba hai unha semana o novo adestrador deportivista nada máis chegar.

A Luis César Sampedro parecíanlle inadmisibles os dezasete goles encaixados naquela altura, e hoxe a conta, con el sentado na banqueta xa sobe aos vinte; poucas horas despois de reclamar un Deportivo máis contundente.

O equipo de Luis César volveu demostrar eivas enormes atrás. Erros defensivos que traían á memoria dos afeccionados aquel nefando Deportivo-Numancia do 18 de setembro en Riazor, cando os de Anquela se deixaron ripar en dez minutos unha vantaxe de dous goles.

O Deportivo desángrase pola súa portería. Só conseguiu deixala a cero en dous partidos e en cinco deles encaixou tres goles. A Dani Giménez o pasado ano marcáronlle 32 tantos en 41 partidos de liga regular, hoxe en 11 xa lle levan metidos 20.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/10/2019