CRTVG

Buscar

O Deportivo apela a Abegondo para lograr o primeiro triunfo

Publicado o 29/10/2020 11:04

O Deportivo feminino recibe en Abegondo o Santa Teresa de Badaxoz.

As xogadoras galegas buscan a primeira vitoria da temporada, despois de arrincar con tres derrotas ante Athlétic Club, Real Sociedade e Español. Tamén é verdade que o inicio do calendario foi esixente.

Colocadas na parte baixa da táboa, buscan os primeiros tres puntos que enchan o equipo de confianza e axude a escalar posicións. A lateral Patri López está convencida de que o público en Abegondo esta fin de semana vai sumar moi positivamente.

 

Noticias web

29/10/2020