CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca segue sen coñecer a derrota

Publicado o 23/09/2019 16:36

Na liga feminina o Deportivo mantén a súa condición de invicto. Empatou a un tanto co Granadilla en Abegondo. Gabi, no minuto 11, puxo por diante as galegas.

Pero axiña empatou Koko, foi só catro minutos despois. O marcador xa non se movería no resto do encontro. O Deportivo leva un inicio espectacular. Tres partidos, sete puntos, os mesmos que o líder, o Barcelona. O seu adestrador, Manu Sánchez, pasou polo En xogo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2019