CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca estréase na copa en Riazor e directo pola G2 e a web

Publicado o 10/02/2020 19:56

• Diante estará o Valencia da galega Mari Paz Vilas

Riazor volverá acoller un partido de fútbol feminino, catro meses despois do encontro entre as seleccións de España e Acerbaixán, ao que asistiron algo máis de 10.000 persoas, a maior afluencia a un partido da selección feminina.

Carolina Arbeláez destaca a relevancia do encontro: "Para todas é especial. É un estadio histórico. Se teño a oportunidade de xogar, vai ser un soño. Hai motivación. As persoas acompañáronnos tamén en Abegondo. Agardo que en Riazor sexa o dobre. Que as persoas vaian e que crean máis no fútbol feminino".

O rival, a partido único, será o Valencia, un equipo que loita pola permanencia na Liga. Para o Deportivo Abanca será unha nova oportunidade de expoñerse no mellor escaparate posible para elas: o coliseo deportivista. Hai algo de ansiedade, recoñece a colombiana: "As xogadoras de fútbol somos as que namoramos o público, as que namoramos a xente do fútbol feminino. Que veñan a vernos, que veñan a apoiarnos vai ser moi importante para nós. Penso que hai un pouco de ansiedade por saber que imos encontrar este martes".

Carolina busca a súa primeira titularidade no Deportivo un mes despois da súa chegada.

Noticias web

10/02/2020