CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca empata en Madrid (2-2)

Publicado o 15/12/2019 14:59

As coruñesas igualaron dúas veces un marcador adverso

Imos co fútbol feminino, co empate que conseguiu esta mañá o Deportivo no campo do Madrid. As coruñesas tiveron que igualar dúas veces un marcador adverso. Adiantouse moi axiña o equipo madrileño. Silvia Rubio fixo o 1-0 aos tres minutos. O empate levou a sinatura da máxima goleadora deportivista. Gaby gaña o balón por alto e colócao na rede rival aos 38 minutos.

De novo, mala posta en escena do Deportivo tras o descanso. No primeiro minuto, Mellado pon por diante de novo o Madrid. No 18 chegou o empate definitivo. De novo é protagonista Gaby coa súa envergadura física. Supera por alto as rivais e asiste para que marque Peke. O Deportivo suma 23 puntos e é cuarto na clasificación.

Noticias web

15/12/2019