CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca é a revelación da Liga Iberdrola

Publicado o 14/10/2019 17:43

Pasan as xornadas e as rapazas do Deportivo Abanca seguen ilusionando co seu fútbol, coa súa actitude. Esta fin de semana golearon ao Raio Vallecano. 3 a 0 en Abegondo. Peque, Gaby e Maya manteñen intacto o soño deste recén ascendido, que colidera a liga xunto co Barcelona a pesar de ter o orzamento máis baixo da categoría. Estas futbolistas xogan, gañan e namoran co seu fútbol. Son o equipo revelación do campionato.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/10/2019