CRTVG

Buscar

O da construción está a ser un dos sectores que mellor semella estar enfrontando a crise

Publicado o 19/05/2020 15:21

Puideron exercer a súa actividade durante o estado de alarma, salvo as dúas semanas que durou o período de permiso retribuído. A produtividade chegou a estar por debaixo do sesenta por cento, pero neste momento achégase xa ao cen por cento. Nestas condicións, e con sectores moi golpeados pola crise, o da construción considérase clave para reactivar o mercado laboral e a economía.

O sector destaca a actividade licitadora das distintas administracións en Galicia que favorece a construción de obra pública. Unha das máis relevantes é a da estación intermodal de Vigo. Precisamente respecto a esta obra a Xunta critica un bloqueo nos accesos
que segun dí pon en risco o proxecto.

Na obra privada, o sector pide que se axilicen os trámites burocráticos para favorecer o investimento.

Noticias web

19/05/2020