CRTVG

Buscar

O CSD critica a actuación da Liga e do Fuenlabrada e a Federación abre expediente disciplinario extraordinario

Publicado o 22/07/2020 21:23

O Consello Superior de Deportes sacou un comunicado hai uns minutos en que critica a maneira de proceder tanto do Fuenlabrada como da Liga. No comunicado manifestan que "tanto o Fuenlabrada como a Liga coñeceron o primeiro positivo o pasado sábado e non informaron á autoridade sanitaria como ditamina o procolo do Ministerio de Sanidade". Achácalle ao Fuenlabrada a decisión de viaxar á Coruña. Repróchalle actuar con irresponsabilidade e incumplindo os protocolos da Liga. Ademais, considera que, coa información da que dispoñía, a suspensión do partido era a única solución. Este non é o único revés para o Fuenlabrada. A Federación acaba de anunciar a apertura dun expediente disciplinario extraordinario contra o club madrileño tras as denuncias de varios equipos da Segunda División, entre eles o Deportivo.

Noticias web

22/07/2020