CRTVG

Buscar

O coruñés denunciado en dúas ocasións por ofrecer cans para pasear volve á carga

Publicado o 27/03/2020 20:06

O coruñés denunciado en dúas ocasións pola Garda Civil por ofrecer cans para paseo a dous euros volveu publicar hoxe novos anuncios nas redes sociais con ofertas similares. Nelas afirma que os paseos urbanos se limitan a quince minutos e que cumpren o real decreto que declara o estado de alarma. A Policía Local trasladou o caso novamente ao Seprona, que non desbota a posibilidade de abrir un procedemento penal contra el.

Noticias web

27/03/2020